O novo Marineda Hóckey loita contra o reloxo para fechar o seu proxecto

O hóckey sobre patíns feminino non deixa de evolucionar na Coruña desde que o Deportivo Liceo prescindiu do seu equipo feminino e deu paso ao Hóckey Club A Coruña Feminino. Agora, unha parte da antiga directiva desa escuadra acaba de crear o Marineda Hóckey, un equipo que xa ten praza na liga OK Prata feminina.