A agresión duns turistas de Valladolid á guía do dolmen de Dombate polo feito de se expresar en galego sitúa no albo da actualidade a cuestión dos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes, máxime cando antonte, o presidente da Xunta da Galiza, en resposta a este xornal, sinalou que o problema non é precisamente de dereitos lingüísticos senón de que os turistas sexan amábeis. Nós Diario analiza a situación con sociolingüistas e con representantes políticos.