A desproporcionada axuda da Xunta que recibe O Son do Camiño: o macrofestival máis subvencionado do Estado e o sétimo en audiencia

Durante os últimos cinco anos o festival que decorre en Compostela recibiu, como mínimo e sen contar contratos menores, un total de 11,5 millóns de euros en contratos por parte da Axencia de Turismo da Galiza.