Aurora de Freira, recoñecida coa Alba de Compostela: "A música actual segue transmitindo a nosa cultura, aínda que sexa dun modo diferente"

Pilar Aurora Otero Pérez, coñecida como Aurora de Freira, recibirá o vindeiro 25 de Xullo a distinción Alba de Compostela -que entrega o Concello de Santiago- pola súa relevancia na transmisión da música e da cultura galegas. Nada en Grixoa (Compostela) e veciña de San Xoán de Cierra, é cantareira e informante aínda en activo e unha das referentes compostelás na compilación e transmisión da poesía popular oral.