Allariz acolleu esta cuarta feira a inauguración da exposición 'Castelao: Sempre en Galiza', baseada no coleccionábel de Nós Diario de mesmo título. A alcaldesa allaricense Cristina Cid e o director deste xornal, Alberte Mera, presentaron a mostra, que achega a través de 23 lonas distribuídas na a vila unha visión integral da vida e da obra do dirixente galego morto no exilio hai 75 anos.