Miguel Soto Rodríguez, da tapería O Druida: "O punto forte do menú do día do Druida é a nosa vinculación co mar"

O Druida é unha tapería que se atopa ao carón da praia de Patos, en Nigrán, un emprazamento que ofrece unha vista única ás illas Cíes. O local dispón dunha rica oferta culinaria baseada en produtos frescos e de proximidade, desde o peixe até os vexetais.