Academia Galega difunde os documentos sobre o ingreso de Castelao na institución o 25 de xullo de 1934

Os días 24 e 25 de xullo de 1934, a Academia Galega recibía como membros de número dous senlleiros representantes dunha xeración que viña realizando unha achega decisiva na modernización da lingua e da cultura galegas: Antón Vilar Ponte e Afonso Daniel Rodríguez Castelao.