O BNG rexistrou no Parlamento unha iniciativa para solicitar a comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade ante a "gravidade" do que está a suceder no hospital Materno Infantil de Ourense. Desde o PSdeG manifestaron que exixirán na Cámara "responsabilidades" ao Goberno galego.