Citan a declarar como investigado por delito de odio ao dono dun restaurante de Vigo que expulsou turistas israelís

O hosteleiro, Samir Slim, de orixe libanesa, explicou a Nós Diario que "se tes uns clientes que veñen e te molestan, podes actuar porque o local é teu". "Uns días despois pénsoo e creo que se fosen outras persoas, o vídeo non tería chegado a nada", sinalou.