«Este libro foi recomendado por unha persoa»... e non por IA

«Ti de que es, de algoritmos ou de persoas?». «Zona libre de algoritmos. Somo unha libraría, aquí os libros escólleos unha persoa». «Este libro foi recomendado por unha persoa». Son algunhas das mensaxes que xa están inundando as librarías de proximidade das cidades e vilas de toda a comunidade galega co obxectivo de concienciar a cidadanía sobre o importante papel que xogan libreiros e libreiras na configuración do tecido social, cultural e comercial das mesmas.