O galego, un valor para a comunicación en saúde

A saúde é un ámbito sensible na vida das persoas. Cando se resinte adoitamos volvernos máis vulnerables, e nese contexto é relevante dispoñer dunha sanidade pública, accesible e resolutiva. Mais non é menos importante que, ademais, sexa acolledora, amable e humanizada.