O galego non pode ficar fóra da ciencia. Garantir o acceso ao coñecemento na lingua propia é clave para a súa dignificación e supervivencia. A divulgación científica en galego contribúe a derrubar prexuízos, ampliar o vocabulario técnico e facer da nosa lingua un instrumento útil e transformador.