O BM O Porriño regresa ao traballo con moitas baixas e novas fichaxes, mais mantendo o capitán do barco, Ismael Martínez, unha tempada máis, a sétima. Tras o éxito do curso pasado, logrando a prata na EHF European Cup, o técnico afronta esta nova etapa coa mesma ilusión de sempre e aspirando a regresar ao máis alto.