Mariña Lestón (Fisterra, 2002) escribe, dirixe e interpreta na obra Costa da Morte, cartografía dun naufraxio , unha coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Nesta peza, Lestón fai un percorrido a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo para lembrar ás persoas que xa non están e visibilizar as que quedaron en terra.