Nado en San Antonio de Los Baños, ao suroeste da Habana, en novembro de 1946, Silvio Rodríguez é un dos principais expoñentes da música cubana, toda unha icona capaz de traspasar fronteiras. Cantautor, poeta, guitarrista e compositor con máis de seis décadas de carreira musical e centos de cancións ás súas costas, defínese como trobador e debuxante. A súa ampla traxectoria valeulle ducias de condecoracións e premios. Quería saber, publicado o pasado ano, é o seu último traballo, unha mestura de melancolía, existencialismo e sensibilidade social.