'Castelao a carón de nós': unha viaxe sonora á humanidade do mito galego

A serie documental sonora de tres episodios producida por Arraianos Producións para o Consello da Cultura Galega achéganos a faceta máis humana, o pensamento e a obra de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, a través das voces de diferentes persoas expertas que exploran desde a súa infancia até o exilio na Arxentina, desmitificando a figura do mestre do nacionalismo galego.