O crecemento exponencial das vivendas para uso turístico na Galiza, mentres no mercado convencional do aluguer a oferta é cada vez menor e máis cara, pon en alerta o sector inmobiliario. Na actualidade só unha de cada cinco contan co preceptivo número de rexistro, obrigatorio desde o pasado 1 de xullo.