Charo Valcárcel, escritora: "Sara, a personaxe principal de 'Nais', está inspirada na señora Cándida da miña aldea"

Charo Valcárcel (Vinseiro, A Estrada, 1960) vén de publicar Nais (Baía Edicións), unha historia de mulleres, de varias xeracións da mesma familia, que se van coñecendo a través da súa relación con Sara, a protagonista.