O BNG lamenta que o PP "boicotee" unha declaración do Parlamento en defensa do pobo palestino e en contra do xenocidio en Gaza

Unha proposta que, segundo sinalou o BNG, foi "boicoteada" polo PP. "Os populares nin se molestaron en responder a proposta do Bloque sobre un conflito no que o Estado de Israel leva masacrado máis de 70.000 persoas", sinalou a formación nacionalista ao respecto.