Revenidas, o regreso dun festival de música, sardiñada e circo solidario

Vilaxoán, no concello arousán de Vilagarcía, abre esta quinta feira unha nova edición do festival Revenidas, que este ano recolleu até oito nomeamentos a premio no Festival Awards 2025. Unha cita que colle máis forza cada ano cun calendario de actuacións e de actos paralelos que desta volta aspira a superar as 28.000 persoas asistentes de 2024.