O pelotón da 23ª Volta á Galiza dará comezo esta quinta feira en Ribadumia (O Salnés) a súa nova aventura polas estradas galegas. Catro etapas agardan os corredores elite e sub-23 nunha edición que homenaxeará Samuel Blanco, ciclista redondelán que se retirou como profesional ao termo da pasada tempada.