Artur Puga (Vigo, 1997) vén de ampliar a oferta en Seisporoito, unha escola itinerante de baile tradicional coa que aprender, gozar e vivir a cultura galega. Neste curso, que será o segundo para o centro, Puga pretende chegar a 350 prazas por distintos puntos da Galiza e de toda a península.