Cunha traxectoria de máis de tres décadas, Xan Leira (Bos Aires, 1955) vén de dar a coñecer a súa última produción documental, dedicada á emisión radiofónica en galego Sempre en Galicia , inaugurada en 1950 en Montevideo tras a morte de Castelao. Nesta conversa Leira percorre o seu camiño cinematográfico e plástico, no que a emigración e a memoria histórica son dous eixos narrativos principais.