Adrián Ben, Antía e Daniel Chamosa serán a "irmandiña" do atletismo no Mundial de Toquio
O atletismo galego ten unha semana intensa en Xapón onde se citará o mellor deste deporte a nivel internacional. Coas ausencias destacadas de Ana Peleteiro e Belén Toimil, todas as olladas estarán postas nas probas de 1.500 metros e marcha.