Os lumes do pasado agosto chegaron aos soutos de castiñeiros. A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galiza non ten aínda datos en firme mais sinala que estarían afectadas 500 ou 600 hectáreas de castiñeiro. Os produtores e as produtoras esperan liñas de axuda da Xunta da Galiza para recuperarse e seguir co oficio.