Manolo Mariño, baixista e vocalista de Embrio: "Adaptamos Pink Floyd ao galego con respecto, xa que xogamos coa emoción de moita xente"

Esta sexta feira, 12 de setembro de 2025, fai 50 anos o lanzamento dun dos traballos máis importantes da historia do rock, o Wish you were here , e en pouco máis dun mes, poderemos desfrutar dalgúns dos temas que compoñen este disco, así como doutras moitas cancións de Pink Floyd, adaptadas ao galego. Sobre isto falamos con Manolo Mariño, artífice das letras do novo repertorio de Embrio.