A lingua a través das aves

O coñecemento do que nos rodea a través da nosa lingua é imprescindíbel para a normalización da mesma. Isto pasa pola contorna natural: a fauna e a flora. Neste tópico, nomeadamente no relacionado coas aves, afonda o ornitólogo e investigador Xosé Manuel Penas Patiño, que colaborou na publicación, no ano 2024, do primeiro tomo de Quod vulgus vocat, Contribución á nomenclatura galega das aves (Editorial Andavira). Con esta obra, Penas Patiño achega o seu gran de area á cultura galega, vencellando a ornitonimia ao coñecemento e coidado da terra.