Samuel Lema París, nado en Muros en 1984 e licenciado en Filoloxía Galega e Hispánica, vén de publicar neste 2025 dous proxectos literarios ben diferentes: Pifostio , a súa primeira peza narrativa, e O tenro e o salvaxe , unha poética do máis experimental desde a primeira maiúscula até o punto final. As de escritor, músico e tradutor son facetas que non deixa de adornar coa súa principal característica: a experimentación artística.