Os grupos da oposición rexeitaron onte a proposta da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, de mudar a rede actual de acollemento de menores migrantes non acompañados da Xunta da Galiza para concentrar estas persoas nun centro específico. Neste sentido, reclamaron que o Goberno galego dea marcha atrás na súa proposta.