O Galeusca celebrará, o próximo 20 de setembro no Museo do Pobo Galego, a súa 41ª edición coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) como anfitrioa. Este ano os debates versarán sobre a intelixencia artificial e o seu impacto nas linguas minorizadas ou a importancia de pór en valor a literatura tradicional oral para a consolidación dos idiomas, entre outros temas. Así, as asociacións de escritores e escritoras da Galiza, Euskadi e Catalunya danse cita en Compostela