O Uni Ferrol preséntase á afección nunha nova tempada ilusionante

Por segundo ano consecutivo o Baxi Uni Ferrol mostrou, a través dunha festa, todo o seu potencial deportivo e social en público. As novas incorporacións ao equipo que chegou á final da Eurocup a tempada pasada tiveron a oportunidade esta sexta feira de entender a paixón con que vive a cidade o baloncesto.