Miguel Cavadas, poeta: "Sorprende o doado que é sentirse só estando lonxe, por iso é tan importante tecer unha rede afectiva"
Miguel Cavadas (Vigo, 1996) vén de recibir o XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro (O Sar), pola súa obra himno nacional (Chan da Pólvora, 2025). Hoxe preséntao na Libraría Wells de Cangas (O Morrazo).