“A miña gran cidade”: hoxe ás 22.30 horas na TVG o gran derbi galego con Marián Mouriño e Xosé Antonio Touriñán

Televisión de Galicia estrea hoxe sábado as 22.30 horas un novo episodio de A miña gran cidade. Nesta ocasión, a presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño, abre as portas do club ao humorista Xosé Antonio Touriñán, deportivista confeso que terá que decidir se queda na cidade olívica ou marcha co billete de volta.