O cineasta coruñés Alberto Vázquez regresa á animación con 'Decorado'

A Coruña acolleu esta terza feira a preestrea de Decorado , a nova película de animación de Alberto Vázquez, un autor chave da animación da Galiza e de toda Europa. A cinta chegará ás salas de cinema do país, en lingua galega, o vindeiro 24 de outubro.