Chega á súa fin o Campionato Galego de Rally cun desenlace aínda por resolverse e todas as olladas postas no duelo entre Alberto Meira e Víctor Senra. Este último, principal favorito desde o inicio, xógase o seu noveno título consecutivo ante un experimentado Meira que pelexará para conseguir o seu terceiro trofeo.