A Xunta recúa e afirma que remitirá datos de cribados de cancro ao Ministerio

Tras rexistrárense graves erros nos cribados de Andalucía, a ministra de Sanidade, Mónica García, reclamou ás comunidades autónomas durante a reunión CISNS os datos sobre "todos" os programas de cribado que realizan. Aliás, os Gobernos do PP negáronse inicialmente a facilitar estes datos por non dispor dunha ferramental dixital para facelo, un argumento que a ministra cualificou de "escusa barata".