Martín Rey, ciclista: "Non teño un punto súper forte, mais en xeral non teño puntos débiles; esa quizais sexa a clave"

Martín Rey Vázquez (Vilagarcía de Arousa, 2003) vén de proclamarse co seu club, o Padronés Cortizo, mellor ciclista sub-23 da tempada a nivel estatal, sendo así o primeiro galego en facerse con este título. Onte mesmo anunciou o seu ansiado salto ao ciclismo profesional, a partir de xaneiro, da man do Burgos Burpellet BH.