O Servizo de Atención Temperá de Poio «continúa traballando para achegarse a todos os menores e familias que precisan desta atención», segundo indicou onte o Concello, que informa de que nos próximos días organizarán encontros coas nais e pais nas tres escolas infantís 0-3 anos que hai no municipio. O primeiro destes encontros será este xoves, día 13, ás 16.15 horas na Escola Infantil Trastes, e nas seguintes semanas pecharanse as sesións na Galiña Azul e Saíñas.