Alberto Varela, presidente da Fegamp: "A Xunta non debería demonizar as declaracións de zona de aluguer tensionado nin a taxa turística"

Alberto Varela Paz, nado en Vilagarcía de Arousa (O Salnés) en 1975, é alcalde do seu concello natal polo PSdeG e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Varela acudiu onte á redacción de Nós Diario para participar dun novo 'Café con Nós', onde analizou cuestións como o financiamento local, o servizo de axudo no fogar, a crise da vivenda ou o papel dos concellos na Galiza do século XXI.