Cun ano e medio de demora, a Xunta da Galiza presentará esta quinta feira os datos de 2024 do Inventario Forestal Continuo, polo menos o seu avance, figura na convocatoria. Porén, as cifras que xa foron saíndo á luz amosan que en só un ano, e coa moratoria vixente, sumáronse 20.000 novas hectáreas de eucalipto.