O noso primeiro destino foi a Praza de Abastos, onde visitamos a Pescados Nélida. Ovidio, sempre tan amable, explicou as excelencias do día. "A cigala está a 59 euros o quilo, unha cigala de bo tronco", dixo. Pero sen dúbida, a estrela foi a cigala viva, que se vende a 120 euros o quilo, cunha clienta que confirmaba a súa calidade. Tamén destacaban as volandeiras, a 2,75 a peza, cunha pinta fantástica. "Alguén máis se apuntou á mesa", comentou unha clienta cun sorriso, porque en Lugo, como ben sabemos, todo o mundo é benvido. Lorena de Pescados Maribel tamén nos comentou sobre os encargos para a Noite Boa. Aínda que o percebe subira un pouco de prezo, comentou que "non disparou tanto como se pensaba". A día de hoxe, o percebe está a 169 euros o quilo, o camarón a 115 e as vieiras gallegas tamén atopábanse en boa dispoñibilidade. Un cliente que estaba no posto comentou cun sorriso que "este ano, na miña casa, son tres, porque hai que repartir", facendo alusión aos compromisos das familias. Isabel de Mari Paz tamén compartiu connosco as súas ofertas para esta véspera de Nadal. "Este ano quedamos escasos de ameixa", dixo, mentres que destacaba a variedade de peixe e marisco que tiñan, como bogavante e percebe. "A babosa a 60, a centola a 55, o percebe a 140", recalcou. No mundo da carne, Rafa Porto, un dos carniceiros máis coñecidos da praza, tamén estaba traballando a toda máquina. "A xente non ten espazo na casa para gardar os produtos fríos, así que hai que preparar todo de inmediato", explicou. A carne subira de prezo nas últimas semanas, pero o cordeiro segue sendo o "rei" nas mesas de Lugo durante estas festas. Non podiamos deixar de pasar por Carnicería Cruz, onde Julio un cliente, co seu espírito acolledor, nos falou dos produtos que mercou. Julio ten unha familia mestura de galega, americana e canadiense, e este ano na súa mesa haberá pavo, pero non calquera pavo: "É criado con alimentación galega", dixo orgulloso. No final da conversa, de forma algo sentimental, xustificou a morte do pavo coa famosa frase popular: "Morre para a maior gloria de Galicia". E así, entre tradicións, sabores e risas, a Noite Boa en Lugo prepárase para ser unha noite de festa e boa comida. Aínda que algunha persoa se apunte á mesa na última hora, non importa, porque en Lugo sempre hai espazo para un comensal máis. E as sobras, como é tradición, serán para o día de Nadal.