Alfonso Rueda convidou o PP máis ultra á súa cea de Nadal
As felicitacións de Nadal do PP galego na era Rueda sempre teñen o mesmo destinatario. Sexan en moto, autobús ou nunha cea case familiar, as mensaxes van dirixidas a mobilizar a afiliación do partido e armala ideoloxicamente.