A CIG denuncia as carencias do modelo concertado de Muface tras un fallo xudicial por unha intervención oncolóxica

A central sindical CIG considera que a sentenza que deu a razón a un mutualista ao que Muface lle denegou unha intervención oncolóxica en Vigo evidencia un funcionamento “estruturalmente perverso” da sanidade concertada, que prioriza a rendibilidade económica fronte á garantía dos dereitos asistenciais.