Rueda eliminará as comarcas de cara a implantar o modelo territorial 'madrileño'

Un mapa territorial e administrativo da Galiza sen comarcas nin parroquias é un mapa, en palabras do presidente do Goberno galego, que se "adapta á realidade galega" malia que entidades como a parroquia figuran no Estatuto e en base a elas configurouse boa parte do territorio galego ao longo da historia, como lembran persoas expertas.