A exposición 'Ficcións especulativas' propón imaxinar futuros posíbeis

A mostra 'Ficcións especulativas', dispoñible no Pazo de Fonseca ata o 28 de febreiro, convida ó público a reflexionar sobre o presente e o futuro e a imaxinar outras realidades posíbeis a través da arte, a ciencia ficción e o pensamento oracular. Esta exposición propón unha viaxe para transformar a incerteza do presente en pulo creativo.