«Tortura branca», o libro da Premio Nobel Narges Mohammadi que Irán persegue, ve a luz en galego

No ano 2022, a xornalista e escritora iraní Narges Mohammadi escribía no prefacio dun libro seu: «Pódenme meter no cárcere de novo, pero non descansarei no meu cometido ata que no meu país prevalezan a xustiza e os dereitos humanos». Horas despois dese punto, entraba no cárcere en Irán. Por quinta vez, en réxime de illamento. A causa? A publicación do libro «Tortura branca».