O Consello de Ministros españo0l aprobou un real decreto-lei que permite limitar os prezos de bens e servizos cando se produzan situacións excepcionais como catástrofes naturais ou accidentes graves. A medida, impulsada polo Ministerio español de Consumo, busca protexer as persoas consumidoras fronte a subas abusivas en contextos de emerxencia.