Un incendio nunha máquina de aire acondicionado situada na azotea da tenda Primark provocou este martes o desaloxo do centro comercial As Cancelas, en Santiago. A rápida intervención dos servizos de emerxencia permitiu controlar a situación sen persoas feridas e a actividade quedou totalmente restabelecida a media tarde.