Unha exposición, Seoane & Darwin: O naturalista Seoane e o darwinismo a fins do século XIX, que se pode ver até fin de mes mes no centro cultural Salvador de Madariaga da Coruña, mostra os vínculos entre o naturalista ferrolán López Seoane e o evolucionismo da súa época. Entre as pezas exhibidas, está unha carta que o prpio Darwin lle enviou e que é a única escrita polo científico inglés a un científico do Estado español.