Theresa P. Lousame, creativa: "Pampillo Store une imaxes do cotiá e do rural, referentes culturais e personaxes tradicionais"

Theresa Pérez (Lousame, 1994) é creadora audiovisual. Na arte e nas redes sociais destaca o seu proxecto Pampillo Store, no que conxuga a técnica do collage coa historia e a cultura galega. Unha das súas creacións, a do Boteiro de Viana, ilustra a capa do Sermos Galiza especial sobre o Entroido que este sábado acompañará Nós Diario. Casualmente, Theresa Lousame naceu durante o Entroido.